Player_logo Podcasts Community Create a Podcast
425461874
 
460>_689679

**Programa emitido en Cuac FM o martes 13 de marzal de 2007**

Aquí tedes, baldreus das nosas entreteliñas, o programa pérfido do 13 de marzal de 2007 (martes coma sempre).

Os contidos non podían ser máis propios de catro listiños coma nos:

- O programa estivo adicado ó padriño JAMES BROWN
- "O Cuarto Escuro" adicouse, por obra e gracia de Sak, a CHEMICAL BROTHERS
- Fixemos un "Minigráfico" saturado de erudición, adicado á volta de OS MUTANTES
- Presentamos o último disco de RICKIE LEE JONES "The sermon on exposition bulevard"
- Comentamos a visita Á Coruña de SEX MUSEUM
- Adiantamos os concertos que viñan: ROCKERS GO TO HELL, ATOM RHUMBA, ELVEZ, NIÑO Y PISTOLA,COLECTIVO ORUGA,...

Neste programa recibimos tamén a visita especial do, dende xa, pérfido adoptivo Ghanito; que tivo a ben agasallarnos con esta reportaxe no seu grandísimo blog:

http://apocalipsedoporco.blogaliza.org/2007/03/13/perfidia/

Que o desfrutedes moito, amigos!!

na foto: Os Mutantes version.06

[PLAY]