Player_logo Podcasts Community Create a Podcast
317877116
 
460>_689673

Xa estamos vellos de máis pra andarnos con cortesías. Chegados a este punto, podemos concebir o programa como un acto de puro onanismo. Xa non precisamos convencer nin captar.

A nosa tarefa evanxelica e esgotadora e temos que priorizar, por iso hai tempo que non entra no Perfidia música que non nos encha ó 100%

Onte foi día de visita. Los crueles petaron o estudio (e iso que só ían dous, Ton e Pablo, Guitarra e Baixo). O periplo arrancaba glorioso cun brazo de Chema (cantante) no flog de Los Crueles (www.fotolog.com/cruelesbloodjob), que hoxe reproducimos.

Todo xirou (reseña do Campus Rock aparte), sobre a edicion de Bloodjob, novo traballo de cinco temas, que este cuarteto de inefables presentará en frenética Ruta a partires do mes que ven
(máis info www.los-crueles.net)

Foi como estar de cañas cuns colegas (de feito así nos encontramos e asi nos despedimos, entre cañas). Sen guión, sen formalismos e sen tensión, e asinando capitulos cruciales na Historia do programa, como a conexión transoceánica from A Zapataterira to Canadá.

O disco e impresionante, e eles, rockeiros dos que escasean: de oficio martir e devoto, e proceder franco e cercano. Ata lle recomendaríamos ás nosas fillas que os frecuentaran, mirusté.

As datas son moitas, ¡SO UN XORDO PERDERÍA A OPORTUNIDADE!

[PLAY]