**Programa emitido en Cuacfm o 27 de marzal de 2007**
Pois aquí está a presentación mundial de "Wincing the night away" dos SHINS en PERFIDIA, con catro temas exclusivos que quitan o hipo, amiguiños... ademáis da recuperación post-impostal de MICHEL POLNAREFF, revisitados para a ocasión polos elegantísimos LUNA.
E se sodes dos que paran por apeadeiros máis salvaxes, non vos preocupedes porque tamén hai aquí cousiñas de THE DWARVES, LITTLE RICHARD ou mesmo os PUBLIC ENEMY!!!
E, de regalo, a crónica da festa.07 de E-MUSIC, feita polo bo de Sak, con COLECTIVO ORUGA dando clases de rock metamorfoseado.
Ah!...e, finalmente (para xoia), queridos, una exquisitez dos FLYIN' BURRITO BROTHERS de Gram Parsons, hmmmmm.
Bon apetit, nosos baldreus.

![[PLAY]](/img/play_button.gif)


