**Programa emitido en CuacFM o 3 de abril de 2007**
Pois non, PAUL SIMONON non poderá gañar o CONCURSO DE MAKETAS DE CUACFM, pero si que pode servirnos para articular un programa que arranca, precisamente, cos finalistas do concurso de maketas da nosa casa radiofónica.
Así que no programa desta noite escoitamos e falamos con BLACK BOOM e con MINE, que pronto estarán no MardiGras demostrando de qué son capaces.
Ademáis, o novo proxecto do outrora baixista dos CLASH (Paul Simonon, si), xunto a Damon Albarn, Simon Tong e Tony Allen: THE GOOD, THE BAD & THE QUEEN... que nos ven como anel ó dedo ós tres dexenerados que facemos o PERFIDIA.
E, como complemento, un resumo das bandas que montaron Paul Simonon (HAVANA 3AM), Mick Jones (BIG AUDIO DYNAMITE) e Joe Strummer (POGUES, LATINO ROCKABILLY WAR BAND e MESCALEROS), despois de pertencer á mellor banda de rock and roll de tódolos tempos: THE CLASH, ós que tamén escoitaremos versioneados por EDWYN COLLINS.
Bo proveito!

![[PLAY]](/img/play_button.gif)


