Ainda estamos estupefactos polo acontecido onte. Saíamos convencidos de que o primeiro tempo (periplo cerveceiro pre-Perfidia que discorre por tascas da Zapateira), pedía a gritos unha prorroga que evitase a debacle.
Nin Oriol de Mine! merecía tan pocuca fluidez!
Nin Sak merecía tan vil parodia!
Nin Arctic Monkey mereceron que puxéramos TRES temas do seu segundo traballo!
Nin moito menos Arcade Fire merecían tan so 13 minutos da nosa vida!
De tódolos xeitos, non nos imos flaxelar.
Somos quen de facelo moito peor!!!
Hoxe este Podcast é tendal de onde penduran as nosas vergoñas, como nun balcón escurren as planetarias bragas marrón claro dalgunha señora entrada en anos e carnes.

![[PLAY]](/img/play_button.gif)


