No noso caso adoita ser unha práctica habitual, pero en absoluto impostada. Somos preguiceiros de máis, como pra asumir o traballo da eterna postura crítica, e moito máis aínda, pra andar a levar a contraria as 24 horas do día.
Por iso, o noso posicionamento a favor do SKY BLUE SKY de WILCO que presentamos o pasado martes, manifestamente favorable, debe entenderse únicamente, coma unha decidida pose hedonista.
Un tipo baixo e feo tivo a ben achegarnos unha ensinanza dun filósofo que non chegaremos a coñecer: "Si quieres ser feliz como me dices, no analices".
Pois iso mesmo señores, ó análise musical e algo demasiado trascendentar como pra deixalo na man dos críticos, así que disfruten dun programa absolutamente improvisado e baleiro, que un soberbio traballo da banda de Jeff Tweedy sostivo ergueito, cos seus responsables (unha vez máis ó borde do colapso).
Saúde, patria e r´n´r.

![[PLAY]](/img/play_button.gif)


