Atentos, amigos, porque en brevis (e para liberar espazo) deixarán de estar aquí colgados os programas máis antigos de PERFIDIA.
cando iso ocorra, non teredes máis que mandarnos un correo-e para que vos fagamos chegar o programa que desexedes escoitar. Así de sinxelo.
Ó mesmo tempo, colgaremos algúns programas que se nos están reclamando insistentemente, como por exemplo aqueles nos que entrevistamos a TIO JAMES, ULTRACUERPOS ou CORNELIUS.
Saúde!



